PROGRAMA CORRESPONSABLES CONXUGA – MODALIDADE LUDOVERÁN 2026
* LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS NESTE PROGRAMA PREMENDO AQUÍ (Ou no arquivo PDF dispoñible nesta sección)
...................... Resto da Información previa de interese....................
Listaxe provisional de persoas admitidas neste programa PREMENDO AQUÍ.
PRAZO DE ALEGACIÓNS: Aberto os días 10 e 11 de xuño.
..........................................................................................................
PRAZO DE SOLICITUDES: Aberto do 1 ao 31 de maio de 2026 para presentar a solicitude de participación no servizo de conciliación LUDOVERÁN.
DOCUMENTACIÓN: No caso de que o/a menor estivera xa inscrito no programa corresponsables CONXUGA (ludoteca e/ou madrugadores) no presente curso escolar 202/2025;
NON será necesario presentar documentación xunto con esta solicitude, agás variación de circunstancias persoais, laborais ou sociais.
Para as novas inscricións, as solicitudes deberán acompañarse dos seguintes documentos:
- Libro de familia ou certificado de inscrición de nacemento do menor do Rexistro civil.
- Informe da vida laboral actualizado.
- Declaración de IRPF do último exercicio fiscal ou certificado de imputacións de IRPF, no caso de non ter que presentala.
- Certificado de empadroamento colectivo, en caso de menores non empadroado/as en Vedra.
- Título de familia numerosa, no seu caso.
- Certificado de monoparentalidade, no seu caso.
- Certificado situación de dependencia de grao II ou III de algún membro da unidade familiar, no seu caso.
INFORMACIÓN XERAL:
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación do servizo do programa municipal de conciliación CONXUGA do Concello de Vedra (núm. 22) e a súa modificación (BOP A Coruña núm. 156, do 21.09.2020 e núm. 157, do 19.08.2022)
- Servizos sociais comunitarios: 981 81 46 93 ou 699 041 486
LUGARES ONDE PRESENTAR A SOLICITUDE:
- Sede electrónica do Concello de Vedra: PREMENDO AQUÍ
- Presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Vedra en horario de 9:00 a 14:00 horas
- En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.