PEL AUTONOMAS/OS 2024

A Deputación da Coruña publica as bases reguladoras de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas/os consolidadas/os con máis de 5 anos de antigüidade (PEL-Autónomas/os consolidadas/os 2024):

Axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas consolidadas con máis de 5 anos de antigüidade (PEL-AUTÓNOMAS/OS CONSOLIDADAS/OS - 2024)

Bases reguladoras: BOP número 181, xoves 19 de setembro de 2024.

Bases específicas:

  1. Financiamento: Importe a conceder mínimo de 1.200,00 € e máximo 2.400,00€.
  2. Beneficiarias/os requisitos:
  • Ter o domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña de poboación menor a 10.000 habitantes.
  • Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadoras/es Autónomas/os (RETA) ou calquera outro réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social, cunha antigüidade ininterrompida mínima de 5 anos. Considérase que non existe interrupción cando entre o cese e a nova alta transcorran menos de 12 meses.
  • Estar dado de alta nalgunha actividade empresarial e constar recollida no Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria como titular.
  • Ter unha antigüidade mínima de 5 anos de exercicio ininterrompido na actividade empresarial que desenrola segundo a información recollida no certificado de situación censual da entidade. A estes efectos, considérase que existe continuidade na mesma actividade económica cando entre o cese e a nova alta transcorran menos de 12 meses.
  • Non recibir na anualidade 2024 ningunha axuda ou concepto similar conforme a definición contida na base 8.- Compatibilidade/incompatibilidade, por parte de ningunha entidade ou organismo público para sufragar as cotas correspondentes ao réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social.

Especificamente non se poderá ser beneficiario/a de PEL-Autónomas/os consolidadas/os no caso de ter sido beneficiario/a da axuda PEL-AUTÓNOM@S durante o ano 2024

  1. Exclusión: Autónomas/os colaboradores, os/as mutualistas de colexios profesionais e os/as autónomas/os societarias/os.
  2. Gastos subvencionables: Seguridade Social a cargo da Entidade, non inferior a 200€ ou inferior a un mes natural.
  3. Criterios de valoración: Recollidos na base 9 “Criterios de valoración da liña PEL-Autónomas/os Consolidadas/os” e Anexo 2.
  4. Prazo solicitude: Do 27 de setembro de 2024 a 25 de outubro de 2024 as 14:00 horas.
  5. Prazo de xustificación: 31 de marzo de 2025
  6. Documentación de solicitude e xustificación: Anexo 1 das bases.

Para máis información ou resolución de dúbidas poderán contactar co Departamento de Emprego do Concello de Vedra, no teléfono 669.450.801 de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.