PROGRAMA TURISMO DO IMSERSO TEMPADA 2023/2024

Dende o xoves 29 de xuño ao martes 25 de xullo de 2023, ambos incluídos estará aberto o prazo para darse de alta no programa de turismo do IMSERSO para a tempada 2023/2024.

Aquelas persoas que xa estiveran acreditadas de anos anteriores recibirán unha carta cos seus datos persoais e elección de zonas de turismo. No caso de que estea todo correcto, NON deberán facer ningún trámite máis. Sen embargo, no suposto de que haxa erros ou se desexe cambiar zonas de viaxes, deberán no prazo indicado proceder a presentar a modificación.

Ofertan tres tipos de viaxes:

  • Turismo de costa peninsular
  • Turismo de costa insular
  • Turismo de escapada, que comprende circuítos culturais, turismo de natureza, capitais de provincia e viaxes ás cidades autónomas de Ceuta e Melilla

Máis información no teléfono do IMSERSO: 912 667 713  ou na súa páxina web   PREMENDO AQUÍ