Servizo de aluguer de bicicletas

O servizo de préstamo de bicicletas está dirixido a persoas maiores de idade, se ben os menores con idade comprendidas entre os 16 e os 18 anos poderán gozar do servizo previa autorización expresa e responsable dalgún dos seus pais ou titores legais. Queda expresamente prohibido a alta e utilización do servizo a menores de 16 anos.

Horario e lugar do servizo de aluguer de bicicletas:
Horario de atención ao público: de martes a domingo de 11:00 a 20:00 horas nos PUNTOS DE INTERMEDIACIÓN DO ALUGUER DE BICICLETAS:

- Bar Quenllas: R/Manuel Texo nº 3, Santa Cruz de Ribadulla. ( 42.776649, - 8.424904)

Tfno.: 981 512 452

- Bar Barreiro: Cibrán nº9, San Xián de Sales. (42.814694, - 8.511153)

Tfno.: 981 511 508

Ou chamando ao 981 814 612 concello de Vedra.

 

Dispoñibilidade do servizo:
O servizo estará dispoñible todo o ano. O tempo máximo permitido de utilización continua das bicicletas é de 6 horas. No caso de exceder este prazo aplicaranse as sancións correspondentes. O servizo poderá ser suspendido por causas de forza maior (climatolóxicas...).

Declaración de alta como usuario:
Os interesados en gozar do sistema de aluguer de bicicletas deberán previamente darse de alta no servizo nos Puntos de Intermediación. A tal efecto, deberán cumprimentar unha folla de inscrición e acompañala do documento nacional de identidade.

Custe do servizo:
O custe do servizo é de 3 €, co límite de tempo fixado (6 h).

Xestiona o servizo: Asociación para a Dinamización e Promoción de Vedra “Casa dos Peóns”