Vedra, de loito oficial polo pasamento de Xosé Neira Vilas

O Concello de Vedra decretou mañá sabado, día de loito oficial polo pasamento do escritor "do Val do Ulla"  Xosé Neira Vilas que finou a pasada noite na súa casa de Gres, Vila de Cruces. Tiña 87 anos e foi autor dun libro esencial nas letras galegas, Memorias dun neno labrego. O corpo do escritor será velado esta tarde na intimidade familiar na Fundación que leva o seu nome, para posteriormente ser trasladado a Santiago, ao Panteón dos Galegos Ilustres, onde se instalará a capela ardente aberta ao público. O enterro terá lugar na súa localidade natal de Gres ás 5,30 da tarde do sábado.