XESTIÓN DE BIOMASA NAS LIÑAS DE DISTRIBUCIÓN ELÉCTRICA

Infórmase a toda a veciñanza de que U.D.E.S.A (Unión Distribuidores Electricidad, SA) comunicou que, en cumprimento da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, realizará en vindeiras datas os traballo de xestión da biomasa na franxa de 5 metros dende a proxección dos condutores eléctricos máis externos.

Se vostede é titular dalgunha parcela nunha franxa de 5 metros dende a proxección dos condutores eléctricos dispón dun prazo de 15 días dende a publicación na páxina web municipal para xestionar a biomasa.

Transcorrido o dito prazo será U.D.E.S.A. quen proceda á súa realización nas parcelas que se relacionan como anexo a este bando.