Xestión de biomasa nas liñas de Unión Fenosa Distribución

Infórmase a toda a veciñanza de que UNION FENOSA DISTRIBUCIÓN, SA comunicou que, en cumprimento da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, realizará en vindeiras datas os traballo de xestión da biomasa na franxa de 5 metros respecto das súas liñas de tensión.

Se vostede é titular dalgunha parcela nunha franxa de 5 metros dende a proxección dos condutores eléctricos dispón dun prazo de 15 días dende a publicación deste Bando na páxina web municipal para xestionar a biomasa e cortar as árbores das especies indicadas na Disposición adicional III da Lei 3/2007 (piñeiro, eucalipto, mimosa, etc). Transcorrido o dito prazo será Unión Fenosa Distribución quen proceda á súa realización nas zonas indicadas no plano.

Mapa