XLIV EXALTACIÓN DO VIÑO DA ULLA

É un escaparate importante para un produto como o viño, que conta cun papel clave na socioeconomía da Ribeira do Ulla, tanto co propio produto como co enoturismo que xira ao seu redor.

Ten por finalidades: promocionar, mostrar e degustar os Viños D.O. Rías Baixas da Ribeira do Ulla, organizar un concurso-cata para poñer en valor os mellores viños da tempada, mellorar a calidade e a comercialización dos viños desta nova subzona e ofrecer un programa complementario de actividades para dinamizar o evento.

- XORNADAS TÉCNICAS SOBRE A CULTURA DO VIÑO: Datas: os días 8, 9 e 10 de abril.  

Un proxecto que xorde baixo a idea de crear espazos adicados á formación da viticultura da zona, coa finalidade de mellorar e estimular producións de calidade, así como divulgar novos  coñecementos entre os consumidores/as, mergullándoos  na cultura do viño.

Os obxectivos destas xornadas son:

  • Promover un espazo de encontro, divulgación e formación  para os consumidores e para os viticultores da zona.
  • Poñer en valor a cultura do viño como produto de calidade.
  • Promocionar os viños da Subzona  Ribeira do Ulla.
  • Fomentar o desenvolvemento científico e técnico do territorio   

Programa:

  • Mércores 8 de abril ás 20:00 h.

Conferencia:“Oportunidades de aplicación da dixitalización e automatización na viticultura e adegas da Ribeira do Ulla”  

Intervén:Miguel Tubío Fernández (Director Técnico do Grupo Martín Códax)

  • Xoves 9 de abril  ás 17:00 h.

Saída de campo: Visita á Adega Pazo de Rubianes

Coñecemento do seu proxecto vitivinícola e enoturístico (Adega “Boutique”).

  • Venres 10 de abril ás 20:00 h.

Harmonía: viño e tapas

Cata sorpresa, con maridaxe de viños e conservas de pescados e mariscos de ANFACO-CYTMA

Intervén: Nacho Costoya (Sumiller)

      * Información no teléfono 981 814 691 - 619 309 958 (Prazas limitadas) 

INSCRICIÓNS NAS XORNADAS TÉCNICAS SOBRE A CULTURA DO VIÑO  AQUÍ                                       

 - CATAS COMENTADAS, DIRIXIDAS POLAS ADEGAS PARTICIPANTES e coa intervención de CHARLY TORRES (Docente do CIFP Compostela, da especialidade de servizos á restauración).

 Actividade gratuita / prazas limitadas

Data: o sábado 11 de abril

CATA COMENTADA. QUENDA 18:00 H. INSCRICIÓNS AQUÍ 

CATA COMENTADA. QUENDA 19:00 H. INSCRICIÓNS AQUÍ 

CATA COMENTADA. QUENDA 20:15 H. INSCRICIÓNS AQUÍ 

- TÚNEL DO VIÑO. DE 11:30 a 13:00 H. 

Domingo 12 de abril.

Actividade gratuíta con prazas limitadas 

- IV RUTA MOTEIRA POLOS VIÑEDOS DA RIBEIRA DO ULLA:

Sábado 11 de abril 

(Prazas limitadas) + INFO PREME AQUÍ

- IV RUTA DE COCHES ANTIGOS POLOS VIÑEDOS DA RIBEIRA DO ULLA: Data: domingo 12 de abril

(Prazas limitadas)   + INFO PREME AQUÍ

- MOSTRA DOS CONCELLOS DA RIBEIRA DO ULLA (Artesanía alimentaria e turismo): 

Datas: sábado 11 e domingo 12 de abril 

En definitiva, a Festa do Viño da Ulla non só pon en valor o viño como recurso gastronómico, senón que tamén trata de aportar o seu gran de área ao desenvolvemento  territorial.

Adegas participantes na Mostra dos Viños: PAZO ARRETÉN, GÓMEZ E RIAL, CHOUZAL, MAR DE ENVERO, LIXELES, BARALLOBRE, ADEGA VALDÉS, CASA DO SOL, MARÍA MANUELA, CASTRO BREY, MARECASTE, LAGAR DE BENDAÑA E ADEGA CHAOS.

Todas as novidades nas súas redes sociais  @facebook   @instagram