XXX XORNADAS ARREDOR DA CAMELIA. 2026

 PLANTACIÓN CONMEMORATIVA DE CAMELIAS NA AVDA MESTRE MANUEL GÓMEZ. SÁBADO 28 DE FEBREIRO

Acto en recordo a Jesús Barral Albela nos 10 anos do seu pasamento e a actuación do grupo de Pandereteiras Silandeira

EXCURSIÓN - SAÍDA A SALCEDA DE CASELAS. SÁBADO 14 DE MARZO

INSCRICIÓNS ABERTAS  PREME AQUÍ

Prezo: 30 €  (inclúe transporte, comida... ) Prazas limitadas.

XV BTT CICLOTURISTA POLO VAL DO ULLA.  APLAZADA PARA O 3 DE MAIO
  Saída do velódromo de Vedra.
• Inscricións: en www.galitiming.com.
• Prezo: 20 €.
• Ruta Curta: 40 Km.
• Ruta Longa: 62 Km.

--- PROGRAMACIÓN XA REALIZADA --- 

26º CONCURSO DE DEBUXO ARREDOR DA CAMELIABases

X CARREIRA POR MONTAÑA A CAMELIA CO CLUB VÉRTICE POR MONTAÑA. SÁBADO 7 E DOMINGO 8 DE FEBREIRO DE 2026.
Saída e meta en Santa Cruz de Ribadulla (Vedra).
Máis información e inscricións: https://clubvertice.es/a-camelia/
Programa sábado 7 de febreiro
• Trail Nocturno: 11 km / +400. O misterio e a adrenalina de correr de noite, ata o Pico Sacro e volta.
• PequeTrail: carreiras para peques, de 6 a 14 anos.
Domingo 8 de febreiro:
• Trail do Pico: 33 km / +1700. Con zonas moi técnicas e a subida ao teito da proba, o icónico Pico Sacro.
• Trail do Castro: 22 km / +1050. Unha distancia esixente que concentra os puntos máis vertixinosos da Camelia.
• Trail das Fervenzas: 14 km / +530. Unha proba rápida pero que ten sorpresas técnicas e unha paisaxe espectacular.
• Trail da Cruz do Couto: 9 km / +280. Unha distancia adecuada para iniciarse no trail.
• Andaina: 12 km. A oportunidade de gozar de paisaxes marabillosas na zona do Ulla: paseo das oliveiras, carballeiras, bosques de ribeira...
Probas combinadas:
• Combinada 33 km: Trail Nocturno + Trail do Castro.
• Combinada 25 km: Trail Nocturno + Trail das Fervenzas.

CHARLA-COLOQUIO: "CULTIVO DE CAMELIAS PARA A ELABORACIÓN DE TÉ" XOVES 12 DE FEBREIRO: 

Ás 20 horas  no Centro de Emprendemento A Estación.

Interveñen: Pilar Vela e Ana Neves (Estación Fitopatolóxica de Areeiro)

OBRADOIRO "CAMELIAS DE PAPEL" SÁBADO 14 DE FEBREIRO: 

Na Casa das Artes de Vedra.

Actividade gratuíta con inscrición previa . 

** Obradoiro infantil de 16 a 18 horas

** Obradoiro para persoas adultas de 18 a 20 horas  

O resultado exporase na xornada da camelia.

SÁBADO 21 DE FEBREIRO: 

-  Ruta "Explorad@res de Camelias" 

- Obradoiro creativo infantil e familiar "Ornamentación con camelias" 

Prazas limitadas - Gratuíto

DOMINGO 22 DE FEBREIRO:

XXX XORNADAS ARREDOR DA CAMELIA.