O Concello de Vedra abre o prazo de PREINSCRICIÓNS do 14 ao 24 de abril, para participar nos Campamentos de Verán 2026, que inclúen dúas actividades socioeducativas para a rapazada.
Co obxectivo de facilitarlle á rapazada a participación en actividades socioeducativas, deportivas e de tempo libre, o Concello de vedra oferta as prazas para os Campamentos de Verán en colaboración co Concello de Boqueixón.
Minicampamento de aventura
- Cando: Do 23 ao 26 de xuño (4 días e 3 noites).
- Onde: Albergue Alvarella
- Dirixido a: Nados/as no 2015, 2016 e 2017.
- Prezo: 160 €.
- Preinscricións a través de formulario: PREMENDO AQUÍ .
Campamento de Mar
- Cando: Do 22 ao 29 de xuño (8 días e 7 noites).
- Onde: Albergue xuvenil Sinas. Vilanova de Arousa.
- Dirixido a: Nados/as no 2010, 2011, 2021, 2013, 2014 e 2015.
- Prezo: 250 €.
- Preinscricións a través de formulario: PREMENDO AQUÍ
** Unha vez rematado este proceso informarase ás persoas interesadas da súa obtención de praza (para a formalización da mesma) ou a súa desestimación, tendo en conta os seguintes criterios de admisión por orde de prioridades:
- Participantes empadroados/as en Vedra (mínimo de 3 meses de antigüidade)
- Pai, nai, titor, titora empadroados/as en Vedra (mínimo de 3 meses de antigüidade).
- Participantes escolarizados/as nun centro educativo do concello.
- Nenos e nenas que non reúnan ningún dos anteriores requisitos.
** Máis consultas e información no teléfono 981 814 691 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.