SERVIZOS DE LUDOTECA E MADRUGADORES

INFORMACIÓN PROGRAMA CORRESPONSABLES CONXUGA

CURSO 2026-2027  

Prazo de solicitudes: Do 15 de xuño ao 15 de xullo, ambos incluídos.

Ligazón á sede electrónica: PREMENDO AQUÍ

Documentación:

EXPEDIENTES DE RENOVACIÓN:

No caso de que o/a menor estivera xa inscrito no programa corresponsables CONXUGA curso escolar 2025/2026 ou na modalidade de ludoverán 2026 só será necesario presentar xunto a solicitude a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude do servizo: FORMULARIO  RENOVACIÓN CURSO ESCOLAR
  • Declaración de IRPF do último exercicio fiscal (exercicio 2025) ou certificado de imputacións de IRPF, no caso de non ter que presentala, de ambos proxenitores/as ou titores/as legais.
  • A documentación que acredite variación ou actualización de circunstancias persoais, laborais ou sociais, alegadas anteriormente.

EXPEDIENTES DE NOVO INGRESO:

Para as novas inscricións, as solicitudes deberán acompañarse dos seguintes documentos:

  • Formulario de solicitude do servizo: FORMULARIO NOVO INGRESO CURSO ESCOLAR
  • Libro de familia ou certificado de inscrición de nacemento do/a menor do Rexistro civil.
  • Informe da vida laboral actualizado, de ambos proxenitores/as ou titores/as legais.
  • Declaración de IRPF do último exercicio fiscal (exercicio 2025) ou certificado de imputacións de IRPF, no caso de non ter que presentala, de ambos proxenitores/as ou titores/as legais.
  • Certificado de empadroamento colectivo, en caso de menores non empadroado/as en Vedra.
  • Título de familia numerosa, no seu caso.
  • Certificado de monoparentalidade, no seu caso.
  • Certificado situación de dependencia de grao II ou III de algún membro da unidade familiar, no seu caso.
  • Certificado de discapacidade, no seu caso.
  • Outra documentación que sexa necesario aportar no caso de circunstancias excepcionais.

Lugares de presentación:

  • Na sede electrónica do Concello de Vedra: PREMENDO AQUÍ
  • De forma presencial no Concello de Vedra (horario de 9 a 14 horas)
  • En calquera rexistro público, de acordo co establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2025, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Normativa: Ordenanza fiscal núm. 22, reguladora da taxa pola prestación do servizo do Programa Municipal de Conciliación CONXUGA do Concello de Vedra (BOP A Coruña núm. 156, do 21.09.2020 e a súa modificación no BOP A Coruña núm. 157, do 19.08.2022)

Máis información:  Servizos sociais comunitarios 981 81 46 93 e 699 041 486