Axencia Municipal para o voluntariado e as asociacións

A Axencia Municipal para o voluntariado e as asociacións é un servizo de información, asesoramento e formación a disposición de todas as iniciativas sociais que se poñan en marcha no noso concello.

QUE QUEREMOS?
  • DIFUNDIR E SENSIBILIZAR entre a poboación en xeral, o valor do voluntariado como forma de participación social e exercicio de corresponsabilidade.
  • INFORMAR E ORIENTAR sobre voluntariado: oportunidades e necesidades do mesmo, programas, recursos.
  • OFRECER SERVIZOS DE APOIO A ASOCIACIÓNS E VOLUNTARI@S: documentación, formación e asesoría dirixida ás entidades e ás persoas voluntarias, para que consoliden a súa acción.
  • INTERMEDIAR para potenciar os vínculos entre organizacións e posibles voluntari@s,  aquí e en proxectos de voluntariado europeo.
  • FORTALECER O TECIDO ASOCIATIVO das áreas nas que traballamos mediante a información e a formación coas asociacións de mulleres, xóvenes, veciños, culturais, deportivas...
  • IMPULSAR O TRABALLO EN REDE, a nivel local e autonómico, de forma que se enriqueza a nosa práctica diaria e se fortaleza a acción.
QUE FACEMOS?

SE QUERES FACERTE VOLUNTARI@, AGARDÁMOSTE PARA:

  • INFORMARTE das organizacións, dos programas e dos postos de voluntariado.
  • ASESORARTE sobre os teus dereitos e deberes como voluntari@.
  • INTERMEDIAR para potenciar os vínculos entre organizacións e posibles voluntari@s,  aquí e en proxectos de voluntariado europeo.
  • FORMARTE para comezar a túa labor de voluntariado.
  • ACOMPAÑARTE na túa labor voluntaria.

 SE SODES UNHA ASOCIACIÓN, APOIÁMOSVOS EN: 

  • DIFUNDIR a información das vosas actividades.
  • DERIVARVOS persoas voluntarias.
  • INFORMARVOS de recursos e actividades.
  • ASESORARVOS sobre temas de xestión e administración.
  • BUSCARVOS espazos de coordinación.
  • FORMARVOS nos temas que demandedes.
 

 

Máis información: Departamento de Servizos Sociais

Tfno.: 981 814695

Correo Electrónico: ivan.garcia@concellodevedra.com

 

Asociacións