XLIV EXALTACIÓN DO VIÑO DA ULLA

É un escaparate importante para un produto como o viño, que conta cun papel clave na socioeconomía da Ribeira do Ulla, tanto co propio produto como co enoturismo que xira ao seu redor.

Ten por finalidades: promocionar, mostrar e degustar os Viños D.O. Rías Baixas da Ribeira do Ulla, organizar un concurso-cata para poñer en valor os mellores viños da tempada, mellorar a calidade e a comercialización dos viños desta nova subzona e ofrecer un programa complementario de actividades para dinamizar o evento.

​PROGRAMA DE VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL 2026

Programa de Voluntariado Interxeracional no Medio Rural

8M VEDRÁ É MULLER 2026

Programación arredor do Día Internacional da Muller da Área de Igualdade do Concello de  Vedra:

O Día Internacional da Muller 8 marzo  é unha data que se celebra en todo o mundo.

Un día no que as mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense para gritar en prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

OFERTA PRIVADA DE EMPREGO

UN POSTO PARA CONDUCIR UN CAMIÓN

A empresa local de Vedra "Sapa Contenedores" busca unha persoa residente  na zona para conducir un camión para o traslado de colectores e residuos.

Páxinas