O seu inicio comeza coa chegada dos suevos. Avanzando no tempo, chegamos á época na que os visigodos integran Galicia no seu reino; os pobos xermánicos deixaron a súa pegada nos nomes de lugar. Hai topónimos de Vedra que derivan de nomes ou apelidos xermánicos, como Guimaráns, Gundián, Ramil, Trasariz, Ximonde… A partir do ano 711, chega a invasión musulmana, que aquí, en Vedra, maniféstase principalmente nos distritos situados ó sur do río Ulla. Con San Xoán da Cova, está relacionada a invasión viquinga (anos 968-970), que foi a causa de que o mosteiro tivese que ser restaurado. No ano 990, na fonteliña de Gundián apareceu a Santa, e os frades do mosteiro de San Xoán da Cova fixeron unha pequena capela, na que anos máis tarde levantaron a que hoxe acolle á Virxe de Gundián. No ano 987 admítense colonos de calquera condado para que labren as terras do lugar de San Xoán da Cova. En 1467, os habitantes da comarca participaron na Irmandade Xeral do Reino de Galicia, e érguense contra as casas feudais, derrubando ou danando máis de cen fortalezas. No ano 1480, os Reis Católicos, establecen en Galicia a Santa Irmandade co obxectivo de rematar coa bandidaxe.
- Inicio
- Concello
- Áreas de actuación
- Servizos Sociais
- Urbanismo
- Desenvolvemento
- Medio Ambiente
- Educación e Formación
- Xuventude
- Cultura
- Servizos Municipais
- Albergue de Peregrinos
- Áreas de Recreo
- Abastecemento de auga e saneamento
- Biblioteca Municipal
- Centro de Saúde
- Centros de ensino
- Equipamentos Culturais
- Equipamentos Deportivos
- Iluminación pública (Avarías)
- Oficinas de Información Turística
- Ludoteca Municipal
- Lixo
- Parques Biosaudables
- Parques Infantís
- Telecentro
- Protección Civil
- Xulgado de Paz
- PIC Punto de Información Catastral
- Deportes
- Turismo
- Proxectos Europeos
- Sede Electrónica
- Transparencia