Parroquia a parroquia: San Fins de Sales

San Xián de Sales Santo André de Trobe San Mamade de Ribadulla
San Fins de Sales San Pedro de Sarandón San Pedro de Vilanova
Santo André de Illobre San Miguel de Sarandón Santa Cruz de Ribadulla
Santa Eulalia de Vedra San Cristovo de Merín A Ponte Ulla

Escoltada por unhamagnífica carballeira, recinto onde se celebran as festas, áchase a igrexa e a rectoral. No arboredo álzase un cruceiro cun altariño. Data esta construcción da primeira metade do S.XVIII   (ou reconstruída entre 1722-1744), e nela podemos contemplar a capela maior, dividida en dous tramos por arco de medio punto, e as bóvedas de canón con lunetas. O retábulo maior (1737) presenta talla barroca, en tanto que o da Dolorosa constitúe unha mostra de clasicismo ferreriano. A Virxe, case de tamaño natural, loce a impronta estilística de Manuel de Prado.

Ó pe do río Pereiro, entre carballos, topamos coa regalía dun espacio natural  complementado polo conxunto arquitectónico que forman a ermida de Santa Isabel, a fonte milagreira, o cruceiro e a ponte. Da ponte arranca un carreiro que conduce á fervenza  da Serra.

A Ponte Busacos: por esta pequena ponte medieval pasa a Ruta da Prata. Seguindo a vía, que contaba con tramos empedrados, chégase á Gándara. Neste entorno encontrouse o miliario de Calígula(ano 40 d.C.), custodiado no Museo da catedral de Santiago. O epígrafe insculpido reza: CÉSAR CAIO AUGUSTO XERMÁNICO. FILLO DE CÉSAR XERMÁNICO, NETO DO CÉSAR TIBERIO AUGUSTO, BISNETO DO DIVINO AUGUSTO, PAI DA PATRIA, PONTÍFICE MÁXIMO, CATRO VECES POTESTADE TRIBUNICIA, DÚAS VECES CÓNSUL. UNHA MILLA.

Pola Gándara transcorría a IV vía militar romana procedente de Brácara(Braga) e con destino a Astúrica (Astorga), tras pasar por Asseconia (Sergude) e Lucus, un dato que confirma a escritura de doazón do bispo Sisnando ó mosteiro de S.Sebastián do Pico Sacro(ano 914) e o propio miliario citado.

A gastronomía ten o seu día entre marzo e abril: a exaltación da orella; o 1,2 e 3 de agosto celébranse as festas patronais; e a Santa Isabel o segundo domingo despois de Corpus.