Parroquia a parroquia: San Cristovo de Merín

San Xián de Sales Santo André de Trobe San Mamade de Ribadulla
San Fins de Sales San Pedro de Sarandón San Pedro de Vilanova
Santo André de Illobre San Miguel de Sarandón Santa Cruz de Ribadulla
Santa Eulalia de Vedra San Cristovo de Merín A Ponte Ulla

Depáranos unha das máis típicas estampas do val do Ulla, o conxunto integrado pola igrexa e a rectoral, rodeadas de labradíos, praderías e retallos de hortas froiteiras. Na rectoral salientamos o portalón coroado por unha cruz singular e o galo cataventos. Comenta Castelao no libro As cruces de Pedra na Galiza: “polo portalón entra o camiño na casa, e a cruz esconxura de lonxe aos demos e trasgos, facéndolles saber que para entraren alí é mester pasar por baixo dela e acatar a súa lei”. Combínase o entrelazo celta (cruz-monograma) co círculo e os brazos iguais. Este modelo de cruz ornamental dataría, en opinión de Castelao, do período románico, e herdaríano o gótico e o barroco.

No campo da festa temos o inevitable cruceiro (S.XVIII), de fuste octogonal, capitel dórico e cruz florenzada. Nunha cara aparece o Cristo crucificado e na outra a Inmaculada con coroa e un anxo orante.

En Merín destacan os festexos de S.Pedro Mártir, o domingo seguinte ó 29 de abril, e o San Cristovo, o primeiro domingo despois do 10 de xullo.